¡Doa sangue en As Cancelas!
¡O vindeiro 4 de xullo!
¿Sabías que, segundo a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), Santiago de Compostela foi en 2023 a cidade galega con maior índice de doazóns da comarca? ¡Pois si! A nosa cidade acadou unha taxa de 88 doazóns por cada 1.000 habitantes ao ano.
E para seguir apoiando a doazón de sangue, imprescindible para reforzar os servizos sanitarios da cidade, As Cancelas súmase á campaña de doazón de sangue de ADOS, ente público dependente da Consellería de Sanidade.
Día e horario:
- Xoves 4 de xullo
- 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 h.
A unidade móbil de doazón estará situada na entrada principal do centro comercial.
Requisitos para poder doar:
- Ser maior de idade
- Pesar máis de 50 quilos
- Non padecer enfermidades transmisibles polo sangue
- Recoméndase non ir co estómago baleiro e, despois de comer ao mediodía, esperar polo menos dúas horas antes de doar.
- Imprescindible levar a tarxeta de doazón, DNI ou documento equivalente que acredite a identidade.
Para fomentar a participación nesta iniciativa solidaria, As Cancelas ofrecerá un refresco e unha tapa gratuítos no establecemento La Urbana do centro comercial a todas as persoas que doaresen. Ademais, os doadores poderán participar nun sorteo dunha tarxeta regalo valorada en 60 euros.
Gañadora:
- Laura Fresco Rey