Descubre a nosa nova exposición ‘Estampas de Compostela’

A fotografía volve s ser a protagonista en As Cancelas! A exposición ‘Estampas de Compostela’ recala en As Cancelas da man de Lúdica7 Comunicación para amosarnos 16 instantáneas do recoñecido artista galego Noel Feáns, nas que se recuperan os recunchos máis máxicos das rúas de Santiago de Compostela.
A mostra, que estará dispoñible na planta primeira do centro comercial, poderá visitarse de maneira gratuíta do 30 de novembro ao 27 de decembro.
As estampas en branco e negro de Noel Feáns falan dunha cidade marabillosa envolta en pedra e choiva, dunhas rúas soñadas por todos e dunha cidade orgullosa de ser o que é.
Non a podes perder!