¡Axúdanos a mellorar os nosos servizos!
Participa na nosa mesa de clientes
En As Cancelas a túa opinión sobre os nosos servizos é importante e ¡queremos escoitarte! Por iso o vindeiro mércores 12 de xuño ás 18.00 horas agardamos que nos contedes as vosas suxestións ou propostas para mellorar o centro comercial na nosa mesa de clientes. Nesta ocasión, ademais de contar cun aforo limitado para os asistentes, o encontro celebrarase en formato online.
Se queres participar, podes inscribirte cubrindo o seguinte formulario. Ademais, só por participar, ¡regalarémosche unha entrada de cine!