Aberto o prazo de inscrición para a X edición de CorreSAN!
Xa está aquí a X edición do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan!, unha iniciativa organizada pola Federación Galega de Atletismo en colaboración co Concello de Santiago.
A proba Ruta Da Prata – Angrois 2024, que terá lugar o vindeiro sábado 11 de maio, enmárcase no traballo de concienciación sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns.
En As Cancelas seguimos apostando polo deporte local e por iso creamos unha camiseta conmemorativa en colaboración coa Concellería de Deportes de Santiago de Compostela e a Federación Galega de Atletismo.
Inscrición aberta ata o 8 de maio ás 23:59 h. Incribirse!