E os nominados ao Goya a mellor película son…

Publicado o 31 de Xaneiro de 2019

Se o que che gusta é o cine español, estás de sorte porque xa queda menos para a cita máis importante do ano. O próximo 2 de febreiro celebrarase en Sevilla a 33 edición dos Premios Goya, unha gala conducida polos humoristas Silvia Abril e Andreu Buenafuente na que destacará a labor realizada pola industria cinematográfica durante o último ano. Hoxe no blog de As Cancelas contámosche todo o que debes saber sobre as cintas seleccionadas para estes galardóns e traémosvos una pequena sorpresa en forma de sorteo. Queres saber de que se trata? Sigue lendo!

Os expertos de cine están dacordo: esta é unha das edicións dos Goya con máis nivel que se recorda. ‘El reino’, ‘Campeones’, ‘Carmen y Lola’, ‘Todos lo saben’ e ‘Entre dos aguas’ son os títulos que máis nomeamentos acadaron. Pero, quen levará máis Goyas para a casa? Haberá sorpresas esa noite?

El Reino (Rodrigo Sorogoyen)

Manuel (Antonio de la Torre) é un influínte vicesecretario autonómico que o ten todo para dar o salto á política nacional, pero, a partires dunhas filtracións que o implican nunha trama de corrupción xunto ao seu mellor amigo Paco, ve como a súa vida perfecta comeza a esborrallarse. É expulsado do seu partido, o cal pretende que cargue con toda a responsabilidade polo acontecido. Pero Manuel non se resigna a caer solo. Co único apoio da súa familia, Manuel verase obrigado a loitar contra unha maquinaria de corrupción e un sistema de partidos no que os reis caen, pero os reinos continúan.

Campeones (Javier Fesser)

Marco (Javier Gutiérrez), é o segundo adestrador dun equipo de baloncesto da primeira división española. Ten problemas no traballo, coa súa parella e con case todo o que o rodea. Un accidente de tráfico causado polo alcohol lévao a adestrar a un equipo de baloncesto formado por persoas con discapacidade intelectual sen experiencia algunha neste deporte. O que en principio é un inferno para Marco, acabará sendo unha experiencia que lle cambiará a vida para sempre.

Carmen y Lola (Arantxa Echevarría)

Carmen (Rosy Rodríguez) é una adolescente xitana que vive no extrarradio de Madrid. Ao igual que outras rapazas desta etnia, está destinada a vivir unha vida que se repite xeración tras xeración: casar e criar a tantos nenos coma sexa posible. Pero un día coñece a Lola (Zaira Morales), unha xitana fóra do común, que soña con ir á universidade, que debuxa grafitis de paxaros, e que lle gustan as mulleres. Gracias a Lola, Carmen descobre un mundo que, inevitablemente, lévaas a ser rexeitadas polas súas familias.

Todos lo saben (Asghar Farhadi)

Laura (Penélope Cruz) volta a España desde Bos Aires para a voda da súa irmá despois de tres anos de ausencia debido aos problemas económicos do seu home (Ricardo Darín). Pero a noite da celebración, Irene, a filla adolescente de Laura, desaparece deixando tras de si uns recortes de xornal que aluden a un crime cometido fai uns anos no lugar. Laura, asustada, non sabe que facer, polo que o seu exmozo Paco (Javier Bardem) toma as rendas da situación mentres que segredos e antigos rancores van saíndo á luz.

Entre dos aguas (Isaki Lacuesta)

Isra e Cheíto son dos irmáns xitanos, pero as súas vidas tomaron camiños moi diferentes. Isra está no cárcere por narcotráfico e Cheíto está enrolado na Mariña. Cando Isra sae da cadea e Cheíto remata una longa misión, ambos regresan á illa de San Fernando. O reencontro dos dous irmáns reabrirá vellas feridas debido á morte violenta do seu pai cando eran nenos, pero a necesidade de retomar as súas vidas e reconciliarse con eles mesmos vai a unilos de novo.

Aínda teremos que agardar ata o sábado para saber quen se alzará co esperado galardón, pero, para amenizarche a espera participa na nosa porra dos Premios Goya a través da nosa páxina de Facebook. Como facelo? Tan só tes que deixarnos un comentario nesta publicación contándonos cal é a túa favorita. Entre todos os que acertedes o Goya a mellor película, sortearemos dúas entradas dobres para utilizar en Cinesa As Cancelas. Que comecen as apostas!