Visita a nosa exposición ‘E de Entroido’
Achégase o Entroido, tempo de disfraces e de festa, e desde As Cancelas queremos rendir unha homenaxe ás tradicións do Entroido galego. Do 18 de febreiro ao 5 de marzo, acolleremos E de Entroido, unha exposición de fotografías de gran formato na que se retrata ás personaxes máis peculiares dos entroidos populares de distintos puntos de Galicia.
A mostra, situada na planta 1 do centro comercial, expón o traballo dos prestixiosos fotógrafos galegos Adolfo Enríquez, Evaristo Santamaría, Javier González, Eutropio Rodríguez, María Ferreiro, María X. Castro, Ainhoa Tejerin, Emilio Romanos, Mercedes López e Guille Ou Gato.
O Boteiro de Viana, os peliqueiros de Laza, os cigarróns de Verín ou as pantallas de Xinzo son algunhas das personaxes que aparecen nunhas imaxes cheas de movemento e cor que amosan que o Entroido galego está máis vivo que nunca. As fotografías van a acompañadas de textos que explican o contexto de cada imaxe e recollen datos sobre cada festa e a localidade na que se celebra.
Agardámoste!