Sorteamos unha entrada dobre para o Compos – CDA Navalcarnero
Este domingo 10 de abril ás 17h os mozos do SD Compostela volverán saltar ao campo do Vero Boquete para enfrontarse ao CDA Navalcarnero. Non queres perdercho por nada do mundo? Entón só tes que participar no noso sorteo para poder conseguir unha entrada dobre e así gañar a oportunidade de gozalo en vivo e en directo. Segue estes pasos:
Requisitos para participar na promoción en Facebook:
- Ser seguidor da páxina de As Cancelas en Facebook.
- Etiquetar a 2 amigos na publicación do sorteo.
Requisitos para participar na promoción en Instagram:
- Ser seguidor da páxina de As Cancelas en Instagram.
- Etiquetar a 2 amigos na publicación do sorteo.
O prazo para participar remata o venres 8 de abril ás 12h. E se queres ter máis posibilidades de gañar, participa desde as dúas redes sociais!