Samaín en As Cancelas, para pasalo de medo
Como todos os anos, a chegada do mes de novembro marca no calendario o esperado Samaín, unha festividade moi especial en Galicia que os celtas xa celebraban fai miles de anos con motivo do fin das colleitas e da chegada do inverno. Este ano, o Samaín chega a As Cancelas en forma de obradoiros infantís, disfraces, espectáculos de maxia e todo o necesario para que grandes e pequenos o pasen de medo.
Do 29 de outubro ao 1 de novembro, en As Cancelas temos preparadas unha chea de divertidas actividades, que terán lugar en planta 2 e serán de carácter gratuíto, para que os nosos pequenos visitantes gocen da festa máis terrorífica do ano.
- Sábado 29 de outubro: Espectáculo de maxia con Chrystyan Magic (19:00h).
- Luns 31 de outubro: Obradoiro de maquillaxe Samaín (de 17:30h a 20:00h).
- Martes 1 de novembro: Obradoiro de monicreques terroríficos (de 17:30h a 20:00h).
Reserva un oco na túa axenda porque, agardámoste!