As Cancelas colabora coa protección do Medio Ambiente
A celebración, o próximo día 5 de xuño, do Día Mundial do Medio Ambiente é unha grande oportunidade para concienciar á cidadanía sobre prácticas responsables dirixidas a preservar a nosa contorna.
Cunha orixinal campaña baseada nalgúns dos animais máis fermosos do planeta, desde As Cancelas facemos balance das iniciativas de reciclaxe e recuperación que levamos a cabo durante todo o ano.
Trátase de mensaxes que informan de que as máis de 438 toneladas de residuos recuperados no centro equivalen ao peso de 12 baleas, ou que 379 toneladas de cartón equivalen ao peso de 70 elefantes, que serven para trasladar o esforzo que realiza As Cancelas neste ámbito e para animar aos nosos visitantes e amigos a colaborar nunha tarefa que nos incumbe a todos.