10 consellos para unha volta ao cole máis sostible!
Esta semana empeza o curso escolar e moitos de vós estaredes a ultimar todos os detalles para que aos máis peques non lles falte de nada nesta ansiada #VoltaAoCole. Con todo, non podemos deixar de lado un aspecto tan importante como é o coidado do medio ambiente, nin sequera nesta ocasión. Por iso, preparámosvos unha serie de consellos cos que converter este regreso ás aulas nunha declaración de boas intencións co planeta. Toma nota!
- Fai una lista co material que vas necesitar este curso
- Prioriza a calidade dos materiais para que duren máis tempo
- Dona ou regala os materiais que non vaias empregar a una asociación que o necesite
- Vai ao cole andando, en bicicleta ou en coche compartido
- Aplica a política de “residuos cero” no recreo empregando envases reutilizables
- Recicla os residuos no contedor correcto
- Elixe produtos respetuosos co medio ambiente
- Sal e explora a natureza, a fauna e a flora da túa localidade (coñecer a tu contorna é o primeiro paso para coidala)
- Celebra cumples sostibles, evita os pratos e cubertos de plástico e prioriza o uso de vaixelas de cartón ou bambú
- Aproveita ben a auga con pequeños xestos como pechar a billa mentres lavas os dentes
Úneste a esta iniciativa solidaria? Coidemos do noso planeta entre todos!