Nova Caseta Reizentolo As Cancelas
Probablemente coñezas reizentolo polos seus orixinais e divertidas camisetas e complementos con deseños en galego.
A historia comeza en 2003, cando tres novos galegos recentemente licenciados crean unha primeira liña de camisetas con deseños que mesturan a cultura popular de Galicia coa estética do pop art anglosaxón e a cultura popular global. A súa idea era facer arte nun formato alcanzable que chegase a todo tipo de xente, cun estilo sempre divertido e cargado de ironía.
Debes saber que ao principio ninguén vía viable a súa proposta, polo que comezaron a vender eles mesmos por feiras, festas e festivais ata chegar a montar a súa primeira tenda en Pontevedra, animados pola acollida da xente. Pasada unha década, estes produtos véndense en 6 tendas reizentolo en Galicia, así como nun centenar de tendas multimarca en toda España e como ves, agora no Centro Comercial As Cancelas.
Non volo perdades!