Contacontos online: Maruxa Poppins
Sabes quen é Maruxa Poppins? É unha nena grande que coa súa maleta xigante e a axuda e sabedoría das nenas e nenos entenderá que o mundo pode ser mellor e máis igual para todos.
Se queres coñecer a Maruxa, non podes faltar o noso contacontos online co que este ano queremos conmemorar o Día Internacional da Muller. A actividade enlaza unha serie de contos que farán reflexionar aos máis pequenos sobre a igualdade, a integración e a cooperación, interactuando con eles e facéndoos partícipes de cada unha das historias.
Apúntasche a unha actividade con música e divertidas historias? Non o podes perder!