Conserva a túa tarxeta Premium, aínda ten moito que ofrecerche
O pasado 31 de agosto finalizou o prazo para trocar por agasallos os puntos acumulados na tarxeta Premium de As Cancelas. Aínda que xa o fixeras, conserva a túa tarxeta para seguir gozando de todas as demais vantaxes para os seus titulares, como os descontos en establecementos seleccionados. Moi pronto, As Cancelas lanzará novas promocións ligadas á tarxeta. Gárdaa, segues sendo un cliente Premium.