Concurso: Vota o teu favorito Xeración As Cancelas
O Casting Xeración As Cancelas, na súa modalidade de adultos, finalizou e o xurado seleccionou a 32 finalistas, 16 mozos e 16 mozas, que desfilarán na Gran Gala Final o próximo 30 de abril no Centro Comercial As Cancelas, en Santiago de Compostela.
Pero aínda faltan 8 prazas por cubrir, 4 mozos e 4 mozas, para a Gran Gala Final que sairán do noso concurso de redes sociais.
Publicamos as fotos de todos os participantes no Casting Xeración As Cancelas no noso Facebook. Desde hoxe, xoves 14 de abril, e ata o domingo 24 de abril podedes entrar, facervos seguidores de As Cancelas e dar a “gústame” ás fotos dos vosos favoritos.
Aquelas 8 persoas que máis me gustas reciban (4 mozos e 4 mozas) accederán á Gran Gala Final e desfilarán o sábado 30 de abril.
Ademais, a persoa con máis “me gustas” de todos/as (xa sexa finalista directamente seleccionada polo xurado ou non) recibirá o premio accésit de redes sociais que consiste nun vale de 100€ de Primark e un vale de 75€ de Vogue&LV (tanto para mozo como para moza)..
Deixámosvos unha ligazón para que vos sexa máis fácil localizarvos. As fotos están organizadas polos días de casting de cada participante:
- Sábado 9 de abril (mozas).
- Sábado 9 de abril (mozos).
- Luns 11 de abril (mozas).
- Luns 11 de abril (mozos).
- Martes 12 de abril (mozas).
- Martes 12 de abril (mozos).
Moita sorte a todos/as!