Close Previous Next Previous Next Go up Go down Go up Go down Back to top Previous Go back Open menu Sound off Sound on Search Manager Calendar Date Comments Reading time Author Categories Tags Facebook Twitter TikTok Instagram LinkedIn WhatsApp YouTube Phone Play Play Pause Languages Carmila Carmila Realia Carrefour Property Xacobeo 21-22 Locales de ocio Locales de restauración Tiendas Carrefour Newsletter Reseñas Horarios carrefour Horarios restauración Horarios comercios Horarios cine Club de Celi Tarjeta Pass Blog Áreas de descanso Arrancacoches Aseos movilidad reducida Cajeros automáticos Cambiador de pañales Desfibrilador Fotomatón Kit de costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Mochila portabebé Objetos perdidos Parada de taxi y bus Parking para bicicletas Parking para motocicletas Parking para patinetes eléctricos Plazas de parking para familias Plazas de parking para personas con movilidad reducida Puntos de recarga de coches eléctricos Sala de lactancia Salas de cine Servicio a domicilio Taquillas Zona de carga de móviles Apps para iPhone y Android Áreas de descanso Área infantil Arranca coches Ascensores Aseos para personas con Movilidad Reducida Aseos Babero deshechable Botiquín Buzón de sugerencias Cabinas de teléfono Cajeros automáticos Cambiador de pañales Cubreparaguas Dispensador de Gel Hidroalcohólico Dispensador de crema hidratante Dispositivo antiatragantamiento Directorios táctiles Escaleras mecánicas Fotomatón Guiado de aparcamiento Inflado de ruedas Kit de Costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Lavado de coches Limpia Zapatos Mochila Portabebés Objetos Perdidos Parada de taxi y bus Parking de bicicletas Parking gratuito Parking Motos Parking para patinetes eléctricos Solicitar taxi Plaza de Parking Familiar Plaza de Parking PMR Préstamo de cargadores de móvil Préstamo de silla de paseo Pulsera antipérdida Punto de empaquetado de regalos Punto de Información Quitamanchas Recarga de coches eléctricos Recogida de ropa usada Ropero Sala de lactancia Salas de cine Servicio de envío a domicilio Servicio de bolsa reutilizable Servicio integral de cardioprotección Préstamo de silla de ruedas Fuente de agua Tablets Taquillas Wifi gratuito Zona de carga para móviles

De volta a casa… e ao peso ideal

Rematan as vacacións e xunto aos bos recordos, os selfies e o bronceado, a maioría trouxemos a casa algúns quilos de máis. En lugar de desesperarnos pensando en se caberemos na nosa roupa da tempada de outono, ou comezar cunha redución de calorías sen control, o mes de setembro é unha data magnífica para poñer en marcha bos hábitos alimenticios e de estilo de vida.

Se decides que é o momento de volver ao teu peso ideal ou de volver a coidarte logo da montaña rusa que supón o verán, hoxe no blog de As Cancelas dámosche algúns bos consellos para que o consigas e te sintas ben contigo mesmo.

consejos_perder_kilos_p

En primeiro lugar, debes valorar o teu caso concreto. Tes que perder eses tres quilos que deixaron as cervexas e as paellas do chiringuito ou padeces un sobrepeso que debes eliminar baixo un estrito control médico? En calquera dos casos, é un bo momento para facerse unha analítica completa. Se cadra o peso non é o que che ten preocupado, pero os teus niveis de colesterol ou de triglicéridos poden non ser os adecuados. A volta de vacacións é un bo momento para esa posta a punto de saúde anual que debería converterse en obrigatoria para todo o mundo.

Acode a un especialista. Só os médicos e nutricionistas poden axudarte a mellorar a túa alimentación e perder peso de forma controlada. Esa dieta da papaia que lle funcionou á veciña ou a do xaxún que fai o teu cuñado non só poden ter un perigoso efecto rebote que che deixe con máis quilos que antes de empezala, senón que poden ser perigosas para a saúde. Se reducimos de forma drástica a inxesta dalgúns alimentos sen a supervisión dun especialista é probable que a dieta presente serios desequilibrios.

O exercicio é imprescindible para manterse no peso adecuado e para levar unha vida sa. Non se trata de poñerse a adestrar coma se foses a correr unha media maratón, senón de recuperar os bos hábitos -se xa facías exercicio pero te relaxaches durante o verán- ou de incorporalos dunha vez por todas á túa rutina. Camiñar, montar en bicicleta, bailar… Son exercicios fáciles e ao alcance de todos que poden axudar non só a controlar o peso, senón tamén a mellorar a calidade de vida.

120238-600-338

Non te obsesiones. Se ao estrés posvacacional que todo o mundo sofre lle sumas a ansiedade por ver canto antes na báscula o peso desexado, o único que conseguirás é que a volta ao traballo e a rutina sexa máis dura que nunca. É mellor comezar a planificación da alimentación cando xa teñas organizada a volta ao cole dos nenos, despexada a bandexa de correo e devoltas as chamadas que non fixeches durante as vacacións.

Aproveita para estender os bos hábitos alimenticios a toda a familia. Os fritos, as graxas, os bolos industriais, as bebidas azucradas e outros alimentos que sabes que debes evitar para levar unha alimentación saudable tampouco son bos para o resto da familia. É un momento perfecto para animar aos máis cativos a comer máis verduras, alimentos á prancha, froitas e lácteos. Para eles será máis san e aos maiores evitaralles caer na tentación.

avofinal

Retira da túa despensa e da túa neveira todos os alimentos menos recomendables. Di adeus ás galletas de chocolate, ás lambonadas, aos embutidos… Iso non quere dicir que te prives dalgún pracer de cando en cando, pero non acumules este tipo de alimentos e cómpraos só en pequenas cantidades e para esa ocasión especial da semana: o partido do domingo, a comida familiar do sábado, a cea en parella…

Substitúeos por comida sa. Que non che falte froita, hortalizas, lácteos desnatados, xelatinas sen azucre e todos os alimentos permitidos polo nutricionista. Convertendo os teus snacks en saudables notarás en pouco tempo os resultados, xa que o picoteo entre horas de alimentos pouco recomendables é unha das principais causas dos aumentos de peso.

673x6731294954827_muesli1

Se non adoitas realizalo de forma habitual, recomendámosche empezar co exercicio aos poucos. Cambia o ascensor polas escaleiras, sempre que poidas substitúe a viaxe en coche por un agradable paseo e incorpora aos teus momentos de lecer saídas en bicicleta. Sentiraste mellor fisicamente e con máis vitalidade.

Ten unha actitude positiva e firme. Uns quilos de máis non son o fin do mundo. Lembra o ben que o pasaches este verán e pensa que es perfectamente capaz de perdelos sen que se convertan nun problema cando chegue Nadal, outra data clave nas citas coa báscula.

ascancelas_ensalada_ensaladaaguacateymango

Antes de rematar, queremos compartir algunhas das receitas máis saudables publicadas ata o momento no blog de As Cancelas, como as tortiñas de espelta, unha receita sinxela e saudable para gozar durante o almorzo, o sándwich de polo ao pesto, ideal para cando che toque comer na oficina, ou a ensalada de aguacate e mango, unha fusión de cociña mediterránea e grega perfecta para unha cea lixeira.

Moito ánimo!