Close Previous Next Previous Next Go up Go down Go up Go down Back to top Previous Go back Open menu Sound off Sound on Search Manager Calendar Date Comments Reading time Author Categories Tags Facebook Twitter TikTok Instagram LinkedIn WhatsApp YouTube Phone Play Play Pause Languages Carmila Carmila Realia Carrefour Property Xacobeo 21-22 Locales de ocio Locales de restauración Tiendas Carrefour Newsletter Reseñas Horarios carrefour Horarios restauración Horarios comercios Horarios cine Club de Celi Tarjeta Pass Blog Áreas de descanso Arrancacoches Aseos movilidad reducida Cajeros automáticos Cambiador de pañales Desfibrilador Fotomatón Kit de costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Mochila portabebé Objetos perdidos Parada de taxi y bus Parking para bicicletas Parking para motocicletas Parking para patinetes eléctricos Plazas de parking para familias Plazas de parking para personas con movilidad reducida Puntos de recarga de coches eléctricos Sala de lactancia Salas de cine Servicio a domicilio Taquillas Zona de carga de móviles Apps para iPhone y Android Áreas de descanso Área infantil Arranca coches Ascensores Aseos para personas con Movilidad Reducida Aseos Babero deshechable Botiquín Buzón de sugerencias Cabinas de teléfono Cajeros automáticos Cambiador de pañales Cubreparaguas Dispensador de Gel Hidroalcohólico Dispensador de crema hidratante Dispositivo antiatragantamiento Directorios táctiles Escaleras mecánicas Fotomatón Guiado de aparcamiento Inflado de ruedas Kit de Costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Lavado de coches Limpia Zapatos Mochila Portabebés Objetos Perdidos Parada de taxi y bus Parking de bicicletas Parking gratuito Parking Motos Parking para patinetes eléctricos Solicitar taxi Plaza de Parking Familiar Plaza de Parking PMR Préstamo de cargadores de móvil Préstamo de silla de paseo Pulsera antipérdida Punto de empaquetado de regalos Punto de Información Quitamanchas Recarga de coches eléctricos Recogida de ropa usada Ropero Sala de lactancia Salas de cine Servicio de envío a domicilio Servicio de bolsa reutilizable Servicio integral de cardioprotección Préstamo de silla de ruedas Fuente de agua Tablets Taquillas Wifi gratuito Zona de carga para móviles Biblioteca infantil Punto de atención al cliente Punto de reciclado de pilas y bombillas Aseos infantiles Sistema de localización de vehículos Club infantil Dispensadores de bolsas para excrementos Gerencia Ludoteca Máquinas de vending Papeleras de reciclaje Correas para mascotas Bozales para mascotas Candado para bicicletas Fuente para mascotas Zona de descanso para mascotas Pipí clean para mascotas Plazas de parking especiales Cajero Bitcoin Click-collect

Vive as Olimpíadas Galegas en As Cancelas

Aínda que aos rapaces de agora lles pareza imposible, houbo un tempo non moi afastado en que o entretemento non estaba ligado á pantalla do móbil ou da tablet. Os nosos pais e avós pasaban intres estupendos xogando en grupo ao tirafungueiro, ao varapao, aos birlos ou a moitos outros xogos tradicionais galegos que o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) recuperou e que As Cancelas trae o vindeiro sábado 11 de xuño para que poidades practicalos en familia.

xogos-sala-1-3

Os nenos de antes pasaban moito tempo fóra de casa e os xogos desenvolvíanse ao aire libre, en contacto coa natureza ou no barrio. Como os xoguetes eran moi caros, os máis pequenos fabricaban os seus propios instrumentos de xogo con cousas que tiñan ao seu alcance: paus, cordas, trapos, pedras… Así naceu a billarda, que se xoga con dous paus, un longo e outro máis curto, e que consiste en facer saltar dun golpe o pau curto e golpealo no aire para envialo o máis lonxe posible. Ou as carreiras de mazarocas, nas que se fai como unha serie de relevos cunha mazaroca de millo.

xogos-sala-1-1

Moitos destes xogos séguense a practicar a día de hoxe, como é o caso da chave, que conta con distintas modalidades de xogo ao longo de Galicia, ou a billarda, da que se disputan competicións a nivel galego. Outros son moi antigos, como a ra, que se remonta ao antigo Exipto, e outros son a versión local de xogos universais: carreiras de chapas, xogos de tiro con gomas ou o turro da maroma.

Pero todos teñen algo en común: xóganse en grupo, son para todas as idades e son moi divertidos. Nas Olimpíadas Galegas que celebramos o día 11 de xuño en As Cancelas, poderedes gozar dunha selección de xogos tradicionais galegos e dunha exposición de xoguetes antigos, como as carrilanas, o máis parecido a un skateboard para os rapaces do século pasado.

Banner-web-olimpiadas

Ademais, tamén haberá sitio para outros xogos do mundo como o asieté bretón, o palet dos Países Baixos ou o billar xaponés, unha pequena mostra do material que o MELGA exhibe na súa sede de Ponteceso.

E se participas en dez dos xogos dispoñibles terás agasallo seguro. Non perdas a gran festa das Olimpíadas Galegas en As Cancelas!

Consulta o mapa e o programa de actividades aquí.