Vichy: a tendencia do verán que te deixará a cadros
Naceu para ser lucido baixo o sol, é o print preferido polas francesas, e cada verán reinvéntase para converterse nunha das tendencias estrela da tempada. Estamos a falar do cadro vichy, que máis aló dos clásicos manteis de picnic aos que a todos nos lembra, é o aliado perfecto para darlle aos teus looks a combinación perfecta entre elegancia e feminidade.
O estampado, que tivo a súa orixe na cidade francesa coa que comparte nome, Vichy, funciona á perfección en vestidos fluídos, blazers, pantalóns capri ou camisas románticas. Aínda que se non queres lanzarte á piscina cos cadros, podes optar por darlle un toque máis romántico ao teu look cunhas alpargatas, unha diadema, un bolso ou outro tipo de complementos. Hoxe no noso blogu preparamos unha selección de pezas que xa podes atopar nas nosas tendas coas que subirte á onda das tendencias durante este verán.