Quedarás a cadros coa tendencia estrela de primavera!
Estás ao tanto das novas tendencias da tempada primavera-verán? Se non te decataches do que se leva esta estación, nós informámoste! Os pantalóns vaqueiros, as cores pastel, así como as pezas con aberturas por todos os lados estarán moi presentes nos nosos looks desta tempada. Con todo, hai unha tendencia que nos volve tolos e sobre a que non podiamos deixar de escribir: os cadros vichy.
Comezaron a levarse nos anos 50 e séguennos seducindo a día de hoxe. Aínda non tes o estampado de moda dentro do teu armario? A que estás agardando? Déixate levar por esta trend tan clásica e elegante que está a triunfar entre as influencers. A continuación, presentámosche unha recompilación de produtos con este estampado que están dispoñibles no noso centro comercial. Gústache algún? Corre antes de que se esgote!