Close Previous Next Previous Next Go up Go down Go up Go down Back to top Previous Go back Open menu Sound off Sound on Search Manager Calendar Date Comments Reading time Author Categories Tags Facebook Twitter TikTok Instagram LinkedIn WhatsApp YouTube Phone Play Play Pause Languages Carmila Carmila Realia Carrefour Property Xacobeo 21-22 Locales de ocio Locales de restauración Tiendas Carrefour Newsletter Reseñas Horarios carrefour Horarios restauración Horarios comercios Horarios cine Club de Celi Tarjeta Pass Blog Áreas de descanso Arrancacoches Aseos movilidad reducida Cajeros automáticos Cambiador de pañales Desfibrilador Fotomatón Kit de costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Mochila portabebé Objetos perdidos Parada de taxi y bus Parking para bicicletas Parking para motocicletas Parking para patinetes eléctricos Plazas de parking para familias Plazas de parking para personas con movilidad reducida Puntos de recarga de coches eléctricos Sala de lactancia Salas de cine Servicio a domicilio Taquillas Zona de carga de móviles Apps para iPhone y Android Áreas de descanso Área infantil Arranca coches Ascensores Aseos para personas con Movilidad Reducida Aseos Babero deshechable Botiquín Buzón de sugerencias Cabinas de teléfono Cajeros automáticos Cambiador de pañales Cubreparaguas Dispensador de Gel Hidroalcohólico Dispensador de crema hidratante Dispositivo antiatragantamiento Directorios táctiles Escaleras mecánicas Fotomatón Guiado de aparcamiento Inflado de ruedas Kit de Costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Lavado de coches Limpia Zapatos Mochila Portabebés Objetos Perdidos Parada de taxi y bus Parking de bicicletas Parking gratuito Parking Motos Parking para patinetes eléctricos Solicitar taxi Plaza de Parking Familiar Plaza de Parking PMR Préstamo de cargadores de móvil Préstamo de silla de paseo Pulsera antipérdida Punto de empaquetado de regalos Punto de Información Quitamanchas Recarga de coches eléctricos Recogida de ropa usada Ropero Sala de lactancia Salas de cine Servicio de envío a domicilio Servicio de bolsa reutilizable Servicio integral de cardioprotección Préstamo de silla de ruedas Fuente de agua Tablets Taquillas Wifi gratuito Zona de carga para móviles Biblioteca infantil Punto de atención al cliente Punto de reciclado de pilas y bombillas Aseos infantiles Sistema de localización de vehículos Club infantil Dispensadores de bolsas para excrementos Gerencia Ludoteca Máquinas de vending Papeleras de reciclaje Correas para mascotas Bozales para mascotas Candado para bicicletas Fuente para mascotas Zona de descanso para mascotas Pipí clean para mascotas Plazas de parking especiales Cajero Bitcoin Click-collect

Todo preparado para celebrar Samaín?

Monstros, cabazas, pantasmas, esqueletos… Falamos do Samaín, unha festividade moi especial en Galicia que os celtas xa celebraban hai miles de anos co gallo do fin das colleitas e da chegada do inverno. E é que está claro, a quen non lle gusta disfrazarse e pasalo de medo? Hoxe no blog de As Cancelas traémosche todo o necesario para que gozes deste Samaín como nunca.

Comecemos polo máis importante para deixar a todos coa boca aberta: o disfrace. En H&M e Party Fiesta atoparás opcións do máis terrorífico para todas as idades, e en Imaginarium os máis pequenos da casa poderán escoller caracterización entre un montón de aterradores disfraces. Para os bebés que gocen do seu primeiro Samaín, estarán adorables vestidos de pequenas cabazas, esqueletos en miniatura ou mini pantasmas.

disfraces-bebe

Disfrace cabaza (Party Fiesta), disfrace morcego (Imaginarium), disfrace esqueleto (Party Fiesta), disfrace pantasma (Party Fiesta).

Para os que xa son un pouco máis maiores, tamén temos os disfraces perfectos. Saír a buscar lambetadas, negociar truco ou trato, gozar dunha divertida festa de disfraces… nada se lles resistirá! As máis fachendosas da casa atoparán en H&M e Party Fiesta as versións máis femininas dos modelos clásicos de Samaín, porque unha cousa non ten por que estar rifada coa outra.

disfraz-nina

Disfrace gato (H&M), disfrace morcego (H&M), disfrace esqueleto (Party Fiesta).

Se o obxectivo é dar moito medo mentras recolectan caramelos polas casas dos veciños, os esqueletos, pantasmas, zombis, bruxas e demais criaturas arrepiantes non fallan. Darán tanto medo que ninguén se atraverá a propoñerlles un truco.

disfraces-nino

Disfrace esqueleto (H&M), disfrace pantasma (Party Fiesta), disfrace zombi das tumbas (Party Fiesta).

disfraces-unisex

Disfrace bruxa (Imaginarium), disfrace esqueleto en 3D (Party Fiesta), disfrace cabaza (Party Fiesta).

Dentro dos disfraces de adulto, a cousa foi evolucionando co paso dos anos, de xeito que ás tradicionais vestimentas de vampiro, momia e demais monstros terroríficos, súmanselle agora un gran número de disfraces procedentes do cinema e da televisión. Escuadrón suicida, The walking dead, Cazafantasmas, Saw son só algunhas das series e películas nas que se inspiran os máis orixinais, pero se queres ir sobre seguro, recorre aos clásicos. Vampiros, lobishomes, pantasmas ou esqueletos… son sinónimo de garantía para a noite do 31 de outubro.

disfraces-adulto

Disfrace esqueleto con túnica (Party Fiesta), disfrace noiva cadáver (Party Fiesta), disfrace esqueleto (H&M), disfrace pantasma (Party Fiesta).

Ademais do disfrace, a maquillaxe é unha das partes máis importante para transformarse nunha criatura aterradora. En Party Fiesta teñen pinturas de todos os tipos e cores para que o resultado da transformación sexa o máis realista posible. Cos teus cosméticos habituais tamén podes conseguir moi bos resultados, como o disfrace de cebra que nos propón The Body Shop.

https://www.youtube.com/watch?v=bpffZneAiNg

Unha das partes máis difíciles dunha boa caracterización está no peiteado, así que por que non o deixas en mans profesionais? En DOM Barberías atoparás aos mellores estilistas e en Cabellos os mellores produtos para aportar ese plus de autenticidade ao teu disfrace e que o teu cabelo luza como nunca este Samaín.

accesoriosKit de maquillaxe (H&M), cabeza e garras de lobishome (Imaginarium), set para fotos divertidas (Imaginarium).

Se ademáis o complementas cuns ollos de cores terroríficos terás a combinación perfecta, e é que nas tres ópticas de As Cancelas (Alain Afflelou, Opticalia-Casa de los Lentes e Óptica Val) teñen disponibles distintos modelos de lentes de contacto de cores e formas, así que elixe o que máis che guste. Terás unha mirada aterradora!

lentes-halloween-reuters-644x362

Que prefires crear a túa propia experiencia de Samaín? Aposta por organizar unha festa temática na túa casa. Cabazas, teas de araña, pantasmas, morcegos… atrévete a converter o teu fogar no lugar máis terrorífico e fai que as túas visitas vivan unha experiencia única e orixinal. En Party Fiesta atoparás todo o necesario para crear unha ambientación de medo: globos, guirnaldas, manteis, vasos, pratos, accesorios…

decoracionPiñata con forma de cabaza (Party Fiesta), guirnalda decorativa esqueletos (Imaginarium), guirnalda decorativa cabazas (Party Fiesta), piñata con forma de caveira (Party Fiesta).

Un dos elementos decorativos que non falla é a cabaza. Son doadas de conseguir e cuns pequenos retoques conseguirás un resultado terrorífico. Un debuxo e un punzón é o único que necesitas para customizalas coa forma que queiras seguindo os pasos dun tutorial que nos ofrece Primark. Simplemente xenial.

https://www.youtube.com/watch?v=NnHkacLyPEo

Ademais da decoración, tamén podes ofrecer aos teus convidados unha comida de medo. Na canle de Youtube de Carrefour atoparás vídeos que che ensinarán como preparar ‘Pizza de momia’, ‘Ensalada de pantasmas e cabazas’, ‘Bocas de mazá’ ou estes divertidos ‘Cupcakes de cabaza’.

https://www.youtube.com/watch?v=rU-29SODEv8

Para completar o teu menú especial de Samaín, apúntate ao deliciosamente aterrador ‘Zume sanguento’. Deixaralos a todos coa boca aberta.

https://www.youtube.com/watch?v=dZVyVVbsymQ

E que non se che esqueza ter a man un bo cargamento de lambetadas e caramelos para negociar truco ou trato cos máis pequenos da casa. En Circusweet atoparás doces de todo tipo, e ademais teñen unha gran variedade de caramelos aptos para celíacos, para que ninguén se perda a gran festa do Samaín.

Se non che apetece celebrar Samaín en casa, en As Cancelas temos todo o necesario para que grandes e pequenos o pasen de medo. Durante estos días, algúns dos nosos establecementos ofrecerán na súa carta deliciosos pratos temáticos, como a torta ‘La dolce morte’ de Muerde la pasta, feita con chocolate e terroríficas gominolas, ou o iogur xeado con topping sanguento de Smooy. Se pasas por Foster’s Hollywood poderás vivir unha experiencia de medo participando no seu xogo de realidade aumentada, onde terás que sobrevivir a un ataque zombi. Atréveste?

cufeqm8wcaavif3

Ademais temos preparadas un montón de divertidas actividades, que terán lugar na planta 2 e serán de carácter gratuíto, para que os nosos pequenos visitantes gocen da festa máis terrorífica do ano. Toma nota porque pasamos lista!
Actividades Samaín As Cancelas

  • Sábado 29 de outubro: Espectáculo de maxia con Chrystyan Magic (19:00h).
  • Luns 31 de outubro: Obradoiro de maquillaxe Samaín (de 17:30h a 20:00h).
  • Martes 1 de novembro: Obradoiro de monicreques terroríficos (de 17:30h a 20:00h).

Que comece a festa!