Os 6 libros que non podes perderte este verán
Os libros cheiran a fogar, a ganas de perderte neles durante horas, a querer ás súas personaxes coma amigos, a sufrir as súas historias como propias, a sentir como os seus protagonistas… Romance, fantasía, aventura, histórica… Hai xéneros para toda clase de persoas. Agora no verán, baixo a sombra dunha árbore ou mentres tomas o sol na praia, é o mellor momento para reencontrarte con todas esas aventuras que durante o último ano non tiveches tempo de ler.
Hoxe no blog de As Cancelas traémosche unha selección dos mellores títulos para gozar este verán. Lembra que todos os libros están dispoñibles en Carrefour As Cancelas. Esperamos que vos gusten!
E Xulia retou aos deuses, Santiago Posteguillo
A segunda parte de Eu, Xulia converteuse nun dos libros máis lidos deste ano. Nesta nova entrega Julia Domna atópase plenamente instalada no poder coa intelixencia e sagacidade que a caracterizaba na anterior novela. Con todo, unha traizón, a división familiar e un cancro ameazan con botalo todo a perder. Todo parece desmoronarse ao seu arredor, coma se os propios deuses de Roma se puxeran na súa contra, porén, nace unha historia de amor máis forte que a morte que loita polo rescate de Xulia. Unha historia desgarradora dunha muller que cambiou o curso da historia para sempre.
A moza de neve, Javier Castillo
A misteriosa desaparición de Kiera Templeton durante a cabalgata de Acción de Grazas poñía en marcha un dispositivo de procura frenética pola cidade neoiorquina. Aquel outono de 1998 atopáronse uns guechos do seu pelo xunto á roupa que levaba aquel día, pero, non había rastro algún da pequena. Cinco anos despois da súa desaparición, Aaron e Grace Templeton reciben unha cinta VHS. O contido? Un minuto de grabación de Kiera xogando nunha habitación descoñecida. Este thriller deixou sen palabras a miles de lectores en todo o mundo, atréveste a ser o seguinte?
Terra, Eloy Moreno
Terra é un deses libros que lembras ao cabo dos anos. Un libro que cambia a túa forma de ver o mundo. En palabras do seu autor: “Tes nas túas mans unha novela que expón preguntas difíciles de responder; unha novela que fala sobre esas verdades que, a pesar de buscar, prefeririamos non atopar. Non podo explicarche de que trata este libro porque iso rompería a súa maxia, pero asegúroche que, cando acabes de lelo, verás o mundo de forma distinta.”
O último verán de Silvia Blanch, Lorena Franco
Alex é unha xornalista á que lle encargan un artigo sobre a desaparición de Silvia Blanch. A última persoa que a viu con vida está morta. No proceso de solicitar información, Alex comeza a descubrir e desempoar detalles sobre a desaparición da moza aquel verán de 2017. A súa presenza e preguntas comezan a incomodar aos habitantes daquel pobo, pero, onde está Silvia Blanch?
Balada de paxaros cantores e serpes, Suzane Collins
A cuarta entrega da saga dos Xogos da Fame é o libro máis esperado do ano para os seguidores desta (ata hai pouco) triloxía. Damos comezo aos décimos Xogos da Fame, da man de Coriolanus Snow, un mozo de 18 anos que ten que loitar contra a humillación de ser asignado como mentor da tributo do Distrito 12. Un libro cheo de aventuras, intriga e fantasía na que as súas vidas dependerán do enxeño, estratexia e encanto do seu protagonista.
A nena, Carmen Mola
As súas antecesoras A noiva xitana e A Rede Púrpura, cultivaron un gran éxito no noso país, e a terceira entrega non se quedou atrás en absoluto. A novela negra española volve da man da inspectora Elena Blanco e da desaparición de Chesca, a súa amiga a cargo da Brigada de Casos. A pesar de deixar a policía polo ocorrido durante o caso da Rede Púrpura, a protagonista vese envolta nun caso de desaparición na que se esconden segredos inconfesables.