Día da Nai: 30 agasallos cos que non fallar!
Empezamos cos preparativos para celebrar o Día da Nai ao grande. Bombóns, flores e unha infinidade máis de agasallos empezan a poboar os escaparates das tendas. O primeiro domingo do mes de maio sempre é unha data especial. Un día no que celebramos o labor das nosas nais; por querernos, por coidarnos e por dotarnos do agarimo que necesitamos.
Con todo, e tal e como ocorre cando toca regalarlle algo a alguén especial, as boas ideas deciden esfumarse das nosas cabezas. Os bombóns e as flores son un típico aliado, pero sexamos sinceros, os primeiros engordan e as segundas marchitan. Desde o blog de As Cancelas, queremos darvos ideas para regalar por este Día da Nai coas que seguro que non fallaredes. Todos os produtos están dispoñibles nas tendas do noso centro comercial. A que esperas?