De verdade, gustaríanos coñecerte
Déixate ver… Porque en As Cancelas buscamos as caras máis bonitas da contorna para convertelas en imaxe do noso evento de moda: a Fashion Night 2016. Así que se es dos que vén arriba cos flashes ou cada vez que estreas outfit en Instragram o teu perfil énchese de amor, crecho, gústasnos <3. Por iso encantaríanos coñecerte.
A pesar do que poidas pensar, moitos dos modelos, actores ou músicos que admiras viñeron a este mundo sendo persoas correntes, como ti ou como eu, e antes de alcanzar o seu soño desempeñaron traballos normais. O mismísimo Brad Pitt, antes de dar o salto á gran pantalla, conducía limusinas de strippers; a súa parella, Angelina Jolie, formábase para organizar funerais.
Pero non só o Mr. & Mrs. Smith tiveron un pasado. Johnny Depp traballou nun call center vendendo estilográficas, Hugh Jackman animaba festas infantís, Madonna servía nunha cafetería, Charlize Theron cantaba na rúa, Danny DeVito traballou como perruqueiro, Harrison Ford foi carpinteiro, Robin Williams vendía xeados, Jennifer Aniston foi recepcionista nun hotel e Natalia Vodiánova traballo como frutera nun posto ambulante.
Poderiamos seguir nomeando celebrities do panorama internacional ou ben introducirnos no territorio nacional, pero concluiriamos do mesmo xeito. Se tes un soño, non o dubides, aproveita todas as oportunidades que se presenten no teu camiño para facelo posible. Queres ser modelo? Inscríbete no casting Xeración As Cancelas . Seguro que entre os nosos lectores existe algún Brad Pitt ou algunha Natalia Vodiánova desexando dar o salto ao mundo da pasarela.