Close Previous Next Previous Next Go up Go down Go up Go down Back to top Previous Go back Open menu Sound off Sound on Search Manager Calendar Date Comments Reading time Author Categories Tags Facebook Twitter TikTok Instagram LinkedIn WhatsApp YouTube Phone Play Play Pause Languages Carmila Carmila Realia Carrefour Property Xacobeo 21-22 Locales de ocio Locales de restauración Tiendas Carrefour Newsletter Reseñas Horarios carrefour Horarios restauración Horarios comercios Horarios cine Club de Celi Tarjeta Pass Blog Áreas de descanso Arrancacoches Aseos movilidad reducida Cajeros automáticos Cambiador de pañales Desfibrilador Fotomatón Kit de costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Mochila portabebé Objetos perdidos Parada de taxi y bus Parking para bicicletas Parking para motocicletas Parking para patinetes eléctricos Plazas de parking para familias Plazas de parking para personas con movilidad reducida Puntos de recarga de coches eléctricos Sala de lactancia Salas de cine Servicio a domicilio Taquillas Zona de carga de móviles Apps para iPhone y Android Áreas de descanso Área infantil Arranca coches Ascensores Aseos para personas con Movilidad Reducida Aseos Babero deshechable Botiquín Buzón de sugerencias Cabinas de teléfono Cajeros automáticos Cambiador de pañales Cubreparaguas Dispensador de Gel Hidroalcohólico Dispensador de crema hidratante Dispositivo antiatragantamiento Directorios táctiles Escaleras mecánicas Fotomatón Guiado de aparcamiento Inflado de ruedas Kit de Costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Lavado de coches Limpia Zapatos Mochila Portabebés Objetos Perdidos Parada de taxi y bus Parking de bicicletas Parking gratuito Parking Motos Parking para patinetes eléctricos Solicitar taxi Plaza de Parking Familiar Plaza de Parking PMR Préstamo de cargadores de móvil Préstamo de silla de paseo Pulsera antipérdida Punto de empaquetado de regalos Punto de Información Quitamanchas Recarga de coches eléctricos Recogida de ropa usada Ropero Sala de lactancia Salas de cine Servicio de envío a domicilio Servicio de bolsa reutilizable Servicio integral de cardioprotección Préstamo de silla de ruedas Fuente de agua Tablets Taquillas Wifi gratuito Zona de carga para móviles

Un aniversario moi galego

O próximo 15 de novembro cúmprense catro anos dende o día que As Cancelas abriu as súas portas ao público para ofrecer aos cidadáns de Santiago de Compostela e a súa área metropolitana a mellor oferta comercial, os mellores locais de ocio e o mellor servizo posible. Que rápido pasa o tempo, verdade?

Catro anos nos que o noso único obxectivo foi e é que vos sintades en As Cancelas como na vosa propia casa. Catro anos nos que medramos e evolucionamos ata o que hoxe somos. Catro anos nos que vos acompañamos e nos que vivimos irrepetibles momentos xunto a vós, por iso queremos que compartades con nós esta data tan especial. Hoxe no blog de As Cancelas revelámosvos todo o que temos preparado para o cuarto aniversario do centro comercial.

imgnoticiaaniversario_1020x352

O venres 11, ás 17:00h, damos o pistoletazo de saída ás actividades do aniversario máis galego de As Cancelas coa apertura da nosa pista de xeo, localizada na primeira planta, da que poderán gozar de xeito gratuíto todos os cativos de 3 a 12 anos. Permanecerá aberta ata o día 26 de novembro e para acceder a ela tan só haberá que mostrar o carné de socio do Club de Celi. Aqueles que aínda non sexan socios do noso club infantil poderán facer a súa inscrición no mesmo momento para poder gozar dunha xornada de diversión sobre xeo na que Celi tamén calzará os patíns para acompañar a todos os seus pequenos amigos. De luns a venres abrirá de 17:00h a 21:00h, e os sábados de 12:00h a 14:30h e de 16:30 a 21:00h.

imagen_1020x352_aniversariopistahielo_gl

Tamén o día 11, ás 20:30 horas, o grupo de folk santiagués Os D’Abaixo deleitaranos cun concerto no que interpretarán versións de cancións populares galegas e composicións propias. A formación, que porá a nota musical ás actividades programadas para festexar o aniversario, foi creada en 2010 por músicos de longa experiencia noutras bandas como Berrogüeto ou Fía na Roca, que se fixeron imprescindibles en circuítos europeos da música de raíz, como o festival de Lorient (Francia) ou o Músicas do Mundo celebrado en Etxarri-Aranaz (Navarra).

rua_0937-editar_reduc

O sábado 12, ás 18.30, chegará a As Cancelas o famoso R4 de Os Bolechas con Carlos, Braulio, as xemelgas Pili e Loli, Sonia, o pequeno Tatá e o seu cadelo Chispa. Os personaxes máis queridos dos nenos e nenas de Galicia, que xa nos acompañaron hai catro anos na inauguración do centro comercial, pasarán a tarde en As Cancelas para que todos os seus fans se poidan facer unha foto con eles e levala de balde como recordo. Ademais contaremos coa compaña do grupo de teatro infantil Falabaratas para pasar unha tarde súper divertida.

imgnoticiabolechas_1020x352

Abriremos o segundo fin de semana do aniversario de As Cancelas en clave de humor da man de Xosé Antonio Touriñán. O famoso cómico galego, coñecido por formar parte do dúo Mucha e Nucha e por participar no programa de televisión Land Rober, divertirá a todo o mundo cun monólogo exclusivo o venres 18 ás 20:30h.

imagen_1020x352_aniversariotourinan_gl

Como colofón final, o sábado 19 de novembro, ás 19:30 h, o gran Roberto Vilar exercerá de mestre de cerimonias dunha edición moi especial do mítico programa de televisión O Prezo Xusto, na que se repartirán 3.000 euros en premios entre todos os que concursen. Os boletos para estar entre os 16 elixidos e participar no concurso poderanse retirar o mesmo sábado na planta 2 do centro comercial, xunto ao escenario do concurso. En total repartiranse 200 boletos que se irán entregando por orde de chegada ao evento, dos que se sacarán 16 números por sorteo, e que se corresponderán cos participantes. A maiores, seleccionaranse outros 2 concursantes a través de redes sociais nos días previos ao concurso, que xunto aos outros 16, sumarán un total de 18 participantes. Consulta as bases completas do concurso aquí.

imagen_1020x352_aniversarioprecioxusto_gl

Se ti tamén queres participar e poder optar a gañar o grande escaparate final, agardámoste o sábado 19 na nosa edición especial de ‘O prezo xusto’. A xogaaaaar!