Close Previous Next Previous Next Go up Go down Go up Go down Back to top Previous Go back Open menu Sound off Sound on Search Manager Calendar Date Comments Reading time Author Categories Tags Facebook Twitter TikTok Instagram LinkedIn WhatsApp YouTube Phone Play Play Pause Languages Carmila Carmila Realia Carrefour Property Xacobeo 21-22 Locales de ocio Locales de restauración Tiendas Carrefour Newsletter Reseñas Horarios carrefour Horarios restauración Horarios comercios Horarios cine Club de Celi Tarjeta Pass Blog Áreas de descanso Arrancacoches Aseos movilidad reducida Cajeros automáticos Cambiador de pañales Desfibrilador Fotomatón Kit de costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Mochila portabebé Objetos perdidos Parada de taxi y bus Parking para bicicletas Parking para motocicletas Parking para patinetes eléctricos Plazas de parking para familias Plazas de parking para personas con movilidad reducida Puntos de recarga de coches eléctricos Sala de lactancia Salas de cine Servicio a domicilio Taquillas Zona de carga de móviles Apps para iPhone y Android Áreas de descanso Área infantil Arranca coches Ascensores Aseos para personas con Movilidad Reducida Aseos Babero deshechable Botiquín Buzón de sugerencias Cabinas de teléfono Cajeros automáticos Cambiador de pañales Cubreparaguas Dispensador de Gel Hidroalcohólico Dispensador de crema hidratante Dispositivo antiatragantamiento Directorios táctiles Escaleras mecánicas Fotomatón Guiado de aparcamiento Inflado de ruedas Kit de Costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Lavado de coches Limpia Zapatos Mochila Portabebés Objetos Perdidos Parada de taxi y bus Parking de bicicletas Parking gratuito Parking Motos Parking para patinetes eléctricos Solicitar taxi Plaza de Parking Familiar Plaza de Parking PMR Préstamo de cargadores de móvil Préstamo de silla de paseo Pulsera antipérdida Punto de empaquetado de regalos Punto de Información Quitamanchas Recarga de coches eléctricos Recogida de ropa usada Ropero Sala de lactancia Salas de cine Servicio de envío a domicilio Servicio de bolsa reutilizable Servicio integral de cardioprotección Préstamo de silla de ruedas Fuente de agua Tablets Taquillas Wifi gratuito Zona de carga para móviles Biblioteca infantil Punto de atención al cliente Punto de reciclado de pilas y bombillas Aseos infantiles Sistema de localización de vehículos Club infantil Dispensadores de bolsas para excrementos Gerencia Ludoteca Máquinas de vending Papeleras de reciclaje Correas para mascotas Bozales para mascotas Candado para bicicletas Fuente para mascotas Zona de descanso para mascotas Pipí clean para mascotas Plazas de parking especiales Cajero Bitcoin Click-collect

And the Oscar goes to…

Como cada ano por estas datas, o Dolby Theatre de Hollywood acollerá o vindeiro domingo 26 de febreiro a cerimonia de entrega dos premios máis importantes do cinema a nivel internacional, a famosa gala dos Oscar. Hoxe no blog de As Cancelas contámosche todo o que debes saber sobre a edición deste ano e algunhas curiosidades históricas que quizais non coñecías.

A primeira edición dos premios remóntase a maio de 1929 e celebrouse no Hotel Roosvelt de Hollywood, onde se repartiron 15 figuras ás mellores películas de 1927 e 1928 da man do presidente da Academia naquel momento, Douglas Fairbanks. Naquela época, o despregamento do acto pouco tiña que ver co da actualidade, xa que a gala non se retransmitía a través de ningún medio e só duraba 15 minutos.

Foi en 1953 cando se produciu a primeira transmisión televisada dos premios en branco e negro a través da cadea NBC, todo un fito que a día de hoxe mantén a máis duns mil millóns de espectadores de todos os países pegados á pantalla durante cada gala, segundo datos da Academia.

Quen non se preguntou algunha vez de onde vén o nome do galardón? Aínda que non hai unha historia oficial, a teoría que ten máis peso é a de que a secretaria executiva da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas, Margaret Herrick, ao ver o premio dixo que se parecía ao seu tío Oscar.

A famosa figura, deseñada por Cedric Gibbons e esculpida por George Stanley, sitúa a un home espido sobre unha bobina de película, que representa aos gremios que compoñen a Academia: actores, directores, escritores, técnicos e produtores. Mide 34 centímetros, pesa 3,85 quilogramos e o seu valor é de 1$, xa que a academia obriga aos gañadores a asinar un contrato polo cal no caso de que poñan á venda a figura, a academia ten un dereito preferente de adquisición pagando só 1$ en compensación.

A categoría da película con máis Óscar da historia compártena tres títulos con 11 galardóns cada un: Ben-Hur” (1959), Titanic (1997) e “O Señor dos Aneis: o Retorno do Rei” (2003). A título persoal, Walt Disney é a persoa que ata o momento recibiu máis premios da historia, con 22 Oscar dun total de 59 nomeamentos.

Para esta edición, e tras arrasar nos Globos de Ouro, parece que o musical La La Land é a película favorita de todas as quinielas, pero teremos que agardar ata o día 26 para sabelo. Mentres tanto, deixámosvos os títulos dos nomeamentos a mellor película.

La La Land (Damien Chazelle): conta a historia de Mia e Sebastian. Ela é unha das moitas aspirantes a actriz que buscan lograr o seu soño hollywoodiense, pero gáñase a vida como camareira mentres se presenta a moreas de castings. El é un pianista que soña con rexentar o seu propio club de jazz. Os seus destinos cruzaranse e a parella descubrirá o amor, un vínculo que fará florecer e logo poñer en xaque as aspiracións de ambos.

Moonlight (Barry Jenkins): narra a complicada infancia dun mozo afroamericano nun dos barrios máis conflitivos e marxinados de Miami. A medida que pasan os anos, o mozo descóbrese a si mesmo e atopa o amor en lugares inesperados.

Manchester frente ao mar (Kenneth Lonergan): Lee Chandler é un solitario conserxe. A súa vida cambia por completo cando, tras a morte do seu irmán maior, é designado como único titor legal do seu sobriño de 16 anos. Lee verase obrigado a enfrontarse a un pasado tráxico que lle levou a separarse da súa esposa Randi e a comunidade na que creceu.

Comanchería (David Mackenzie)tras a morte da súa nai, un pai divorciado e o seu irmán, un ex presidiario, deciden realizar unha serie de roubos en diferentes sucursais, co fin de poder conseguir o diñeiro suficiente como para poder salvar a granxa familiar.

A chegada (Denis Villeneuve)trátase dun thriller de ciencia ficción no que naves espaciais chegan á terra. O Goberno dos EEUU pide axuda á lingüista Louise Banks para tratar de descifrar o motivo da súa visita. A medida que a humanidade se cambalea ao bordo dunha guerra, Louise e o seu equipo loitan contra o tempo chegando a poñer en risco a súa vida e a do resto da humanidade.

Ata o último home (Mel Gibson)conta a historia do soldado Desmond Doss, un mozo médico militar que participou na batalla de Okinawa, no Pacífico durante a II Guerra Mundial, e converteuse no primeiro obxetor de conciencia na historia estadounidense en recibir a Medalla de Honra do Congreso.

Lion (Garth Davis): un neno indio de 5 anos pérdese nas rúas de Calcuta, a miles de quilómetros de casa. Consegue sobrevivir a moitos desafíos antes de ser adoptado por unha parella australiana. 25 anos máis tarde prepárase para atopar á súa familia perdida.

Fences (Denzel Washington): é a historia dun traballador do sistema de rede de sumidoiros de Pittsburgh, que unha vez soñou cunha carreira profesional de béisbol, pero xa era demasiado maior cando a primeira división do béisbol empezou a admitir xogadores negros. Esfórzase por ser bo pai e marido, pero ver o seu soño truncado lle corroe e lévalle a adoptar unha decisión que ameaza con esnaquizar a toda a súa familia.

Figuras ocultas (Theodore Melfi): narra a visión da carreira espacial americana a través dos ollos de tres brillantes mulleres científicas afroamericanas que traballaron na NASA a comezos dos anos sesenta (en metade da loita polos dereitos civís dos negros estadounidenses) no ambicioso proxecto de poñer en órbita e garantir o seu regreso ao astronauta John Glenn.

Se queres gañar estupendos premios, só falta que nos digas na nosa páxina de Facebook cal é a túa favorita para alzarse co premio a mellor película. Para participar na nosa porra dos Oscar, tan só tes que deixarnos un comentario na publicación da ligazón contándonos a túa aposta. Entre todos os que acerten o Óscar á mellor película, sortearemos unha entrada de cinema dobre, acompañada de flocos de millo e bebida para dúas persoas. Moita sorte!