24 xerseis de Nadal para toda a familia
Poñerse un xersei charramangueiro para cear o día de Noiteboa? Si, é unha da tendencias do momento e aínda que seguramente levas tempo resistíndote a ela, este ano non poderás dicir que non. E é que os xerseis de Nadal viñeron para quedar, e proba diso son as coleccións especiais que sacaron case todas as marcas, para facer as delicias dos máis fans do Nadal.
Con luces, con son, con pompóns, a xogo cos nenos, con cascabeis, con abelorios… As opcións son tan variadas, que tanto os máis discretos como os que buscan algo espectacular, atoparán nas nosas tendas a súa media laranxa en forma de xersei. Se aínda tes dúbidas de cal é o teu modelo favorito, aquí deixámosche a nosa selección para el, para ela e para os máis cativos, que poderás atopar desde xa en As Cancelas. Corre que se esgotan!
PARA ELAS
PARA ELES
PARA OS PEQUENOS DA CASA