Close Previous Next Previous Next Go up Go down Go up Go down Back to top Previous Go back Open menu Sound off Sound on Search Manager Calendar Date Comments Reading time Author Categories Tags Facebook Twitter TikTok Instagram LinkedIn WhatsApp YouTube Phone Play Play Pause Languages Carmila Carmila Realia Carrefour Property Xacobeo 21-22 Locales de ocio Locales de restauración Tiendas Carrefour Newsletter Reseñas Horarios carrefour Horarios restauración Horarios comercios Horarios cine Club de Celi Tarjeta Pass Blog Áreas de descanso Arrancacoches Aseos movilidad reducida Cajeros automáticos Cambiador de pañales Desfibrilador Fotomatón Kit de costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Mochila portabebé Objetos perdidos Parada de taxi y bus Parking para bicicletas Parking para motocicletas Parking para patinetes eléctricos Plazas de parking para familias Plazas de parking para personas con movilidad reducida Puntos de recarga de coches eléctricos Sala de lactancia Salas de cine Servicio a domicilio Taquillas Zona de carga de móviles Apps para iPhone y Android Áreas de descanso Área infantil Arranca coches Ascensores Aseos para personas con Movilidad Reducida Aseos Babero deshechable Botiquín Buzón de sugerencias Cabinas de teléfono Cajeros automáticos Cambiador de pañales Cubreparaguas Dispensador de Gel Hidroalcohólico Dispensador de crema hidratante Dispositivo antiatragantamiento Directorios táctiles Escaleras mecánicas Fotomatón Guiado de aparcamiento Inflado de ruedas Kit de Costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Lavado de coches Limpia Zapatos Mochila Portabebés Objetos Perdidos Parada de taxi y bus Parking de bicicletas Parking gratuito Parking Motos Parking para patinetes eléctricos Solicitar taxi Plaza de Parking Familiar Plaza de Parking PMR Préstamo de cargadores de móvil Préstamo de silla de paseo Pulsera antipérdida Punto de empaquetado de regalos Punto de Información Quitamanchas Recarga de coches eléctricos Recogida de ropa usada Ropero Sala de lactancia Salas de cine Servicio de envío a domicilio Servicio de bolsa reutilizable Servicio integral de cardioprotección Préstamo de silla de ruedas Fuente de agua Tablets Taquillas Wifi gratuito Zona de carga para móviles Biblioteca infantil Punto de atención al cliente Punto de reciclado de pilas y bombillas Aseos infantiles Sistema de localización de vehículos Club infantil Dispensadores de bolsas para excrementos Gerencia Ludoteca Máquinas de vending Papeleras de reciclaje Correas para mascotas Bozales para mascotas Candado para bicicletas Fuente para mascotas Zona de descanso para mascotas Pipí clean para mascotas Plazas de parking especiales Cajero Bitcoin Click-collect

18 filmes de Netflix para gozar en familia

Chega a fin de semana e toca compartir tempo en familia? Un dos mellores plans para pasar tempo cos pequenos da casa é gozar dunha boa película e barra libre de flocos de millo recién feitos. Pero, por cal decidirse entre tanta oferta? Se estades aboados a Netflix, unha das plataformas de contidos en streaming máis populares, recomendámosvos unha lista de 18 títulos, en función das idades dos vosos fillos e fillas. Preparados para gozalas? Gustaranvos tanto ou case máis que a eles.

Filmes para nenos de ata 7 anos

Trolls: días de festa

Nova aventura dos xeniaisTrolls, na que Poppy, agora raíña da colonia e o seu inseparable amigo Branch, o troll máis pesimista de todos, traman un plan para organizar un día de festa para os Bergens, xa que ata agora non tiñan ningún, e non saben o que é o Nadal.

O meu veciño Totoro

As irmás Satsuki y Mei van vivir ao campo co seu pai para estar máis preto da súa nai, que se recupera dunha enfermidade nun hospital cercano. Mentres agardan con ansia o momento no que a súa nai regrese a casa do hospital, as pequenas descobren ao adorable Totoro, unha criatura máxica que habita no bosque.

Beat Bugs: All Together Now

Beat Bugs: All Together Now baséase na premiada serie de Netflix ‘Beat Bugs’. Con axuda dos lexendarios Beatles, cinco simpáticos bichiños compiten nun concurso de canto, grazas ao que aprenden cousas importantísimas do mundo que os rodea… e sen sair do seu xardín.

Stuart Little

O pequeno rato Stuart Little convírtese nun membro máis da entrañable familia Little, por accidente. Aínda que esperaba que a súa nova vida como irmán de George fose máis tranquila, pronto descubre o seu peor pesadelo: o gato da casa, Bola de Neve, que intentará facer a súa vida imposible.

Supermonstros: Amizade sen fin

Este título está enmarcado na serie de películas de ‘Supermonstruos’. Nesta nova aventura, os supermonstros adícanse a comer e divertirse no parque, durante a primeira noite de primaveira. Pero non só iso, senón que tamén coñecerán ás súas novas e adorables mascotas.

Os Pitufos

Se pensabas que Os Pitufos pasaran de moda, equivócaste. Os simpáticos pitufos azuis volven ao cine nun filme de imaxe real na que eles serán os únicos debuxos animados. A través dun portal máxico, chegan ao noso mundo e aterran en Nova Iorque. Alí atoparanse con Odile, unha executiva dunha empresa de cosméticos que os axudará a buscar o seu camiño de volta a casa. O malvado Gargamel e o seu gato Azrael, intentará, coma sempre, darlles caza.

Filmes para nenos de 8 a 13 anos

Matilda

A protagonista desta historia é Matilda, unha nena ignorada pola súa familia, que descobre e desenvolve incribles habilidades telequinéticas. Matilda usa os seus poderes para superar dificultades e, ademáis, aproveita para divertirse a costa da despiadada directora da súa escola e da súa familia. Crunchem Hall, a súa profesora favorita, é a única persoa que sabe valorala, e axudaraa a enfrontarse á complicada relación familiar que ten cos seus pais e o seu irmán.

Os futbolísimos

Non hai deporte que cree máis obsesión no noso país que o fútbol. Tan en serio nolo tomamos que o grupo de nenos protagonista desta película, baseada na popular colección de libros co mesmo título, está disposto a facer o que sexa para salvar o seu equipo, o Soto Alto F.C. Todos teñen unha misión fundamental: gañar os dous próximos partidos para evitar que a asociación de nais e pais de alumnos pechen o club. Conseguirano?

Como entrenar ao teu dragón

Esta comedia de acción narra a historia de Hipo, un vikingo adolescente que non encaixa exactamente na reputación da súa tribu como cazador de dragóns. Pero todo cambia cando coñece a Desdentao. Despois de dispararlle darase de conta de que os dragóns non son as bestias asasinas que el cría e iniciará unha bonita relación de amizade co dragón que pretendía cazar nun primeiro momento.

Paddington

O oso peruano Paddington cumple o seu soño de viaxar a Londres. Sen embargo, pronto darase de conta de que a cidade británica non é tan idílica como se imaxinara. Despois de vagar só durante uns días, crúzase no camiño da familia Brown, que decide acollelo por un tempo limitado. Sen embargo, pouco despois, unha sinistra taxidermista fíxase nel, o que supón unha seria ameaza para a súa vida.

Neno Rico

Richie, protagonizado por un xovencísimo Macaulay Culkin, é o neno máis rico do mundo: na súa propia casa ten un parque de atraccións e multitude de luxos cos que calquer neno soña, pero non é feliz. Ata que un día, un ambicioso executivo intentará separalo da súa familia e os seus luxos. Xunto a os seus amigos, Richie fará todo o posible para que este individuo non se saia coa súa.

Charlie e a fábrica de chocolate

Charlie Bucket, un neno de orixe moi humilde, é un dos cinco afortunados en atopar un billete dourado nunha tableta de chocolate. Iso permítelle acceder á fábrica, pechada ao público durante anos, e descubrir de onde saen as deliciosas tabletas que volven loco a todo o mundo, ademáis de recibir un premio moi especial. Unha vez dentro, descobre da man do excéntrico Willy Wonka, o dono da fábrica, un marabilloso mundo de chocolate e golosinas.

Filmes para maiores de 13 anos

Modo avión

Ana é unha popular influencer. Desde que se levanta ten que estar divina para os seus millóns de followers que seguen a súa vida minuto a minuto a través dos directos de Instagram. Ten éxito, cartos, un noivo guapo… o único prezo que ten que pagar é estar 24 horas ao día pegada ao seu móbil. Un día, ten un accidente de coche mentres fala por teléfono e a súa familia decide enviala ao pequeno pobo onde vive o seu avó, iso si, sen móbil.

Tall Girl

Jodi leva anos cohibida pola súa estatura, síntese “demasiado alta”. Sendo con diferenza a moza máis alta do instituto, nunca se sentiu a gusto co seu corpo. Despois de anos camiñando encorvada, aguantando burlas e tentando pasar desapercibida, por fin decide que xa é hora de superar as súas inseguridades e enrédase nun trío amoroso con algúns dos compañeiros do seu instituto.

A casa do reloxo na parede

Lewis Barnavelt é un neno orfo que se muda á casa do seu tío. A pesar de que todo parece normal, o seu tío Jonathan e a súa veciña, esconden moitos segredos. E é que, non só son persoas estranas, senón que ambos son meigos. Ademais, o estraño tic- tac dun reloxo ecoando polas paredes da casa inquieta ao pequeno, o que o leva a unha investigación co obxectivo de descubrir todos os seus misterios ocultos.

Full out

Ariana Berlin é unha gran ximnasta á que o médico lle obriga a esquecerse do deporte despois de sufrir un accidente de coche. Ao iniciar a rehabilitación, cústalle crer que algún día poderá volver facer ximnasia, ata que un día coñece a Michelle, a moza que necesita axuda para que o seu grupo de baile mellore e así poida converterse nun grupo de baile profesional. A partir de aí empeza a recuperar a súa confianza.

Móvete, isto é Nova Iorque

Jane Ryan é unha gran estudante. Roxy Ryan é unha rebelde. Ambas son irmás xemelgas e iranse de viaxe a Nova York. Jane vai para participar nun concurso para gañar unha beca, e Roxy para asistir á gravación do videoclip do seu grupo favorito. Esta viaxe verase embazada polo vixiante de estudantes que vai á caza de Roxy e cre que é a súa oportunidade.

Cincenta Pop

En Cincenta Pop, Cintia é unha moza independente que ten claro o seu destino e o que quere na vida. É unha DJ adolescente que, a pesar de que soña co mozo ideal, a infidelidade do seu pai fíxolle desencantarse co amor. Con todo, todo cambia cando Freddy, un cantante de éxito, namórase dunha das súas mesturas.