12 pixamas de nadal para toda a familia
Ninguén fala da necesidade imperiosa que temos as persoas que adoramos estas festas de recordarlle ao resto de humanos que, efectivamente, ¡xa estamos en Nadal! O resto de mortais non entenderían a satisfacción que un sinte canso se pon o árbol, se decora a casa ou incluso cando nos decoramos a nós mesmos con algúns dos accesorios de Nadal que abundan nas tendas: pinzas para o pelo, diademas, bufandas con estampados varios, pendentes extravagantes, sudaderas horteras e unha chea de cousas máis. O Nadal hay que sentilo.
E como fans incondicionais desta época do ano que somos, no blog de As Cancelas non quixemos pasar por alto a vosa ansia de adquirir merchandising de Nadal nin a necesidade de abrigaros para o frío inverno, polo que dedidimos traervos unha selección de pixamas que xuntan as dúas en unha. Non hay nada mellor que pasar o inverno embutido nun bo pixama, e se aínda encima ten un estampado de Papá Noel, pois mellor que mellor. Aquí tedes a nosa selección, dispoñible no centro comercial, para toda a familia!